En Altair Galiza temos unha Escola de Educación nos Tempos Libres, a ETL Altair Galiza onde podes facer cursos de monitorado, dirección e outros tipos de formación de tempos libres. Todo está homologado pola Xunta de Galicia, así que serve 100% para intervir no tempo libre.
A nosa escola non é calquera cousa: bebe do mellor da tradición educativa galega no mundo do lecer e do asociacionismo xuvenil. Apostamos pola educación en valores, o traballo en grupo, o facer comunidade e a pedagoxía baseada en proxectos, que é o que realmente fai que todo encaixe.
