A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre para o próximo ano 2025, con base en Santiago de Compostela. A formación terá lugar en modalidade extensiva entre os meses de xaneiro e abril.
Datas da fase téorico-práctica e horarios
-Xaneiro: 19, 25* e 26.
-Febreiro: 1* e 2; 8* e 9; 15* e 16; 22 e 23 (convivio).
-Marzo: 9; 15 e 16; 29 e 30 (convivio).
-Abril: 5* e 6; 11*, 12, 13, 14, 15 e 16 (campamento).
- Horarios: O horario habitual das sesións será entre 9.00 e 14.00 horas polas mañás e de 15.30 a 20.30 horas polas tardes. Tede en conta que haberá 7 mañás libres (indicados con asterixco na parte superior): 25 de xaneiro; 1, 8 e 15 de febreiro; 15 de marzo; 5 e 11 de abril.
- Control da asistencia: A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.
- A dinámica de presentación do curso será en liña, entre as 9 e as 11 horas do 19 de xaneiro. Despois seguirase de maneira presencial.
Documentación relevante
- Programa e contidos do Curso de Monitorado Altair 2025
- Condicións Xerais dos cursos da ETL Altair Galiza
- Cronograma completo do curso.
Fase de Prácticas
A Fase de Prácticas: será necesario superar 150 horas de prácticas, en entidades de voluntariado nos tempos libres, unha vez realizada a parte teórico-práctica para poder obter a titulación. Durante toda esta fase continuarán contando con apoio e supervisión da escola para a procura de entidades de prácticas, elaboración da memoria, etc.
ACTUALIZACIÓN: Dende o día 29 de novembro do 2024 Altair Galiza conta cun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, mediante a cal o alumnado do noso Curso pode convalidar ata 6 créditos ECTS de calquera grao mediante o voluntariado na nosa asociación. Convenios análogos coa UVigo e a UDC están en proceso de autorización.
Lugar dos encontros
O curso impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B; e en albergues ou espazos rurais de acampada nas datas indicadas, incluído o réxime de acampamento con desprazamentos e manutención completa.
Quen pode facer o curso?
Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que: fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza ou aqueloutras coa condición de que realicen a parte práctica desta formación en entidades de voluntariado. Ademais, para inscribirse no curso é necesario estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.
Matrícula
Inclue fase teórico-práctica e fase de prácticas, excepto tasa de expedición do título
- 75 € Para persoas que se comprometan a incorporarse como voluntarias da asociación, unha vez reciban o seu nomeamento definitivo como educador/a do agrupamento. Se queres máis información contacta no 633336256.
- 240 € Para persoas matriculadas antes do 22 decembro de 2024 ou quen trae un amigo/a.
- 290 € Para as persoas matriculadas a partir do 23 de decembro de 2024
O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2025”. O último día para abonar o total da matrícula é o 3 de xaneiro de 2025.
- Facilidades de pagamento: fraccionamento do pagamento en 2 ou 3 prazos. A cantidade a ingresar en cada prazo elíxea o alumnado. A data límite para o pagamento do último prazo é o 3 de xaneiro de 2025.
- Desestimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula. Accede ao documento pinchando aquí.
- Número de prazas: mínimo 7, máximo 25.
Documentación
Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (recomendamos o uso de sinatura ou certificado electrónico):
- Xustificante do pagamento da matrícula.
- Copia do título que lle dá acceso ao curso.
- Formulario de inscrición.
- Declaración responsábel asinada de cumprir os requisitos.
- Autorización de datos.
Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza.
De non usar sinatura electrónica, toda a documentación orixinal deberá ser entregada o primeiro día do curso.
Incluído no curso
–2 convivios con aloxamento, manutención e traslado (22 e 23 de febreiro e 29 e 30 de marzo).
–1 campamento con aloxamento, manutención e traslado.
–Póliza de accidentes e Seguro de Responsabilidade Civil (na parte teórico-práctica)
–Material e actividades dos diferentes módulos.
-Acceso ás visitas programadas no curso.
Máis información
Máis información sobre o curso, contacto e matrícula podes completar o seguinte formulario, contactar en info@altair.gal ou chamar ao 633336256.