Curso monitorado Altair 2022

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar entre os días 9 e 31 de xullo de 2022 e impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o venres 24 de xuño.

A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.

A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades ou asociacións de tempo libre —incluídas as actividades do agrupamento Seteportas – Altair de Santiago de Compostela—, campamentos, colonias, albergues, campos de traballo… As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 31 de xullo de 2022, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

Aquí podes ver a metodoloxía, a programación e os contidos do curso.

Local

Quen pode facer o curso?

Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que xa fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza e que estean en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 75€ para persoas que xa sexan ou queiran ser educadoras ou constituír agrupamentos de Altair, e de 250€ para o resto (280€ a partir de maio). O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2022-2023”. O último día para abonar o total da matrícula é o 24 de xuño.

Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará