Campamento de inicio de curso na Ulloa

Este sábado, Altair Galiza retoma a actividade regular do curso 2022/23 cun campamento conxunto dos dous agrupamentos en activo: Seteportas – Altair (Santiago de Compostela) e Faro Brigantium – Altair (A Coruña). O campamento será de balde e terá lugar no Albergue Os Chacotes de Palas de Rei entre os días 23 e 25 de setembro.

A inscrición estará aberta ata o mércores 21 contactando a través do número de teléfono +34 621 28 10 64 ou do e-mail seteportas@altair.gal.

A actividade está subvencionada pola Iniciativa Xove, da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *