A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre para o próximo ano 2024. A formación terá lugar en modalidade extensiva entre o 27 de xaneiro e o 20 de abril de 2024, organizada da seguinte maneira.
– Xaneiro: 27-28
– Febreiro: 3-4, 10, 17-18, 24-25.
– Marzo: 2-3, 9-10, 16-17, 23, 24 a 27 (en réxime de campamento con durmida).
– Abril: 6-7, 13-14 e 20
O horario das sesións será: os sábados de tarde de 16 a 21h e domingos de 9 a 14h e de 15.30 a 20.30h.
A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.
O curso impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B; e en albergues ou espazos rurais de acampada nas datas indicadas. Comunicado con anterioridade, parte do curso poderá adaptarse ao réxime telemático
A fase práctica (150h) deberase desenvolver en entidades de voluntariado, incluídas as actividades dos agrupamentos Seteportas – Altair de Santiago de Compostela e Seteportas – Faro Brigantium da Coruña. As prácticas terán que ser realizadas antes de 2 anos a contar a partir do 20 de abril de 2024, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.
Aquí podes ver a metodoloxía, a programación e os contidos do curso.
Local
Quen pode facer o curso?
Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que: fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza ou aqueloutras coa condición de que realicen a parte práctica desta formación en entidades de voluntariado. Ademais, para inscribirse no curso é necesario estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.
Matrícula
A matrícula total do curso é de 75€ para persoas que xa sexan ou queiran ser educadoras ou constituír agrupamentos de Altair, e de 250€ para o resto (290€ a partir do día 15 de xaneiro). O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2024”. O último día para abonar o total da matrícula é o luns día 22 de xaneiro.
Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):
- Xustificante do pagamento.
- Copia do título que lle dá acceso ao curso.
- Declaración responsábel asinada. Modelo de declaración responsábel.
- Formulario de inscrición.
- Autorización de datos.
Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.
Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.
O curso tamén inclúe:
- Seguro de responsabilidade civil
- Material e actividades
- Réxime de campamento por 3 noites.
Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.