
Novas desde A Coruña: nace Faro Brigantium – Altair
O próximo xoves 14 de outubro ás 19:00 horas, no local da AAVV de Palavea, terá lugar a primeira presentación deste novo proxecto, centrado no tempo libre e no ocio alternativo para mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Co suxerente nome de Faro Brigantium-Altair, tres mozas decidiron dar un paso adiante e embarcarse na aventura de darlle vida a un novo agrupamento do movemento Educativo e Sociocultural Altair. Este movemento de Cooperación Internacional, que xa contaba ata o momento con grupos en Santiago de Compostela, Burela e Cabo Verde, defínese como un espazo para o desenvolvemento integral de nenos e nenas de entre 7 e 18 anos, baseando a súa acción educativa na pedagoxía do proxecto e da acción. O proxecto, por outra banda, tamén pretende darlle…