Curso dirección Altair 2023

Curso dirección Altair 2023

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de dirección de actividades de tempo libre. A formación (fase teórico-práctica) terá lugar entre o 6 de abril e o 13 de xuño de 2023 en modalidade b-learning, con 110 horas virtuais e 40 horas presenciais. O curso estará dispoñible na plataforma virtual da escola entre días 6 de abril e 13 de xuño, especificándose a temporalización concreta para completar as atividades de cada un dos módulos. A parte presencial desenvolverase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo 29B (local de Seteportas-Altair), nos días 15, 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2023 en horario de 9.00 a 14.00 horas e de…
Ler máis
Curso monitorado Altair 2023

Curso monitorado Altair 2023

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar en modalidade extensiva entre o 28 de xaneiro e o 23 de abril de 2023 (sábados de 16 a 21h e domingos de 9 a 14h e de 15.30 a 20.30h; excepto do 2 ao 5 de abril que será en réxime de campamento), organizada da seguinte maneira:- Xaneiro: 28-29.- Febreiro: 4-5, 11-12, 18-19, 25-26.- Marzo: 4-5, 11-12, 18-19, 25-26- Abril: 2-5 (formato campamento), 15-16, 23. O curso impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B; e en albergues ou espazos rurais. A fase teórica terá unha duración de…
Ler máis
Sobre o campamento da Ulloa

Sobre o campamento da Ulloa

Blog, Novas
O último fin de semana de setembro, os dous agrupamentos en activo da Altair Galiza celebraron un acampamento conxunto de inicio de curso nos Chacotes, en Palas de Rei. Compartimos convosco as reflexións de Paula Veiga, educadora do agrupamento Faro Brigantium - Altair. Dúas semanas despois do noso acampamento en Palas de Rei e lembrando todos os momentos que pasamos alí un dos sentimentos que me veñen á mente é a morriña. Morriña de pasar as noites nas tendas, morriña de cociñar todos xuntos e morriña de xuntarnos cada noite para rematar o día cas nosas marabillosas veladas. Facendo balance do campa non podo destacar cousas que non sexan positivas: xogamos todos os grupos de idade, aprendemos moitas cousas sobre a contorna, falamos con peregrinos e veciños da zona, visitamos…
Ler máis
Curso monitorado Altair 2022

Curso monitorado Altair 2022

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar entre os días 9 e 31 de xullo de 2022 e impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o venres 24 de xuño. A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia. A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades ou…
Ler máis
Novas desde A Coruña: nace Faro Brigantium – Altair

Novas desde A Coruña: nace Faro Brigantium – Altair

Blog, Novas
O próximo xoves 14 de outubro ás 19:00 horas, no local da AAVV de Palavea, terá lugar a primeira presentación deste novo proxecto, centrado no tempo libre e no ocio alternativo para mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Co suxerente nome de Faro Brigantium-Altair, tres mozas decidiron dar un paso adiante e embarcarse na aventura de darlle vida a un novo agrupamento do movemento Educativo e Sociocultural Altair. Este movemento de Cooperación Internacional, que xa contaba ata o momento con grupos en Santiago de Compostela, Burela e Cabo Verde, defínese como un espazo para o desenvolvemento integral de nenos e nenas de entre 7 e 18 anos, baseando a súa acción educativa na pedagoxía do proxecto e da acción. O proxecto, por outra banda, tamén pretende darlle…
Ler máis
[ACTUALIZACIÓN] A matrícula para o curso de monitorado, aberta até o 12 de xullo

[ACTUALIZACIÓN] A matrícula para o curso de monitorado, aberta até o 12 de xullo

Blog, Cursos
A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza (entidade sen ánimo de lucro), imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O curso conta tamén cun módulo de campismo presencial, que terá lugar en Xove entre os días 9 e 12 de xullo. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo.  Clica aquí para acceder a máis información e inscribirte no curso!
Ler máis
Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

Blog, Novas
A entidade ven de mudar os seus contratos de servizos con terceiros, nomeadamente nos campos da banca, as seguranzas e a telefonía, acadando acordos con entidades que promoven valores solidarios, de axuda mutua e xestión democrática de recursos. Este desexado acordo chega despois de varios anos recoñecendo o ambiente hostil que xeran nestes eidos moitas das grandes compañías do estado, cun tratamento que non responde aos principios de Altair Galiza nin aos seus fins. Dadas estas circunstancias, as nosas contas bancarias pasan a estar agora xestionadas a través de FIARE, un banco cooperativo de finanzas éticas que desexa ser unha ferramenta ao servizo da transformación social, promovendo unha cultura de intermediación financieira baixo os principios da transparencia, a participación e a democracia. Por outra banda, os seguros que garanten a…
Ler máis
Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 16 e o 31 de xullo un Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse até 135 horas en liña. A matrícula está aberta até o día 1 de xullo. Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 150 horas. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria, cun mínimo de 15 horas presenciais e un máximo…
Ler máis
Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia ACTUALIZACIÓN: MATRÍCULA ABERTA ATÉ O 12 DE XULLO! A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse ata 130 horas en liña. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo. Aquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso: Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 200 horas. Un…
Ler máis
Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Blog
Desde o grupo educativo nos tempos libres Seteportas-Altair aspiramos a albergar todos os grupos de idade da proposta educativa Altair, de 8 a 18 anos, no curso 2020/21. Para iso, precisamos reformular os espazos do noso local de Santiago de Compostela, na Rúa do Home Santo, 29B. Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que se animen a colaborar. Calquera contribución económica, humana ou material será de utilidade para o reacondicionamento do local do noso proxecto educativo. Clicade aquí para acceder ao crowdfunding co que podedes axudar á comunidade Altair a financiar este necesaria reforma! https://www.youtube.com/watch?v=OAB0SD6_g4I&feature=emb_logo
Ler máis