Campamento de inicio de curso na Ulloa

Campamento de inicio de curso na Ulloa

Uncategorized
Este sábado, Altair Galiza retoma a actividade regular do curso 2022/23 cun campamento conxunto dos dous agrupamentos en activo: Seteportas – Altair (Santiago de Compostela) e Faro Brigantium – Altair (A Coruña). O campamento será de balde e terá lugar no Albergue Os Chacotes de Palas de Rei entre os días 23 e 25 de setembro. A inscrición estará aberta ata o mércores 21 contactando a través do número de teléfono +34 621 28 10 64 ou do e-mail seteportas@altair.gal. A actividade está subvencionada pola Iniciativa Xove, da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Ler máis
Curso monitorado Altair 2021-2022

Curso monitorado Altair 2021-2022

Uncategorized
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. O curso terá lugar nas tardes de sábados e domingos de novembro de 2021 a abril de 2022, e del poderán participar todas as persoas que xa fan parte ou que desexen integrarse na asociación Altair Galiza. A formación impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o sábado 9 de novembro. Aquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso. A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O…
Ler máis