
Curso monitorado Altair 2022
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar entre os días 9 e 31 de xullo de 2022 e impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o venres 24 de xuño. A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia. A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades ou…