Sobre o campamento da Ulloa

Sobre o campamento da Ulloa

Blog, Novas
O último fin de semana de setembro, os dous agrupamentos en activo da Altair Galiza celebraron un acampamento conxunto de inicio de curso nos Chacotes, en Palas de Rei. Compartimos convosco as reflexións de Paula Veiga, educadora do agrupamento Faro Brigantium - Altair. Dúas semanas despois do noso acampamento en Palas de Rei e lembrando todos os momentos que pasamos alí un dos sentimentos que me veñen á mente é a morriña. Morriña de pasar as noites nas tendas, morriña de cociñar todos xuntos e morriña de xuntarnos cada noite para rematar o día cas nosas marabillosas veladas. Facendo balance do campa non podo destacar cousas que non sexan positivas: xogamos todos os grupos de idade, aprendemos moitas cousas sobre a contorna, falamos con peregrinos e veciños da zona, visitamos…
Ler máis
Novas desde A Coruña: nace Faro Brigantium – Altair

Novas desde A Coruña: nace Faro Brigantium – Altair

Blog, Novas
O próximo xoves 14 de outubro ás 19:00 horas, no local da AAVV de Palavea, terá lugar a primeira presentación deste novo proxecto, centrado no tempo libre e no ocio alternativo para mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Co suxerente nome de Faro Brigantium-Altair, tres mozas decidiron dar un paso adiante e embarcarse na aventura de darlle vida a un novo agrupamento do movemento Educativo e Sociocultural Altair. Este movemento de Cooperación Internacional, que xa contaba ata o momento con grupos en Santiago de Compostela, Burela e Cabo Verde, defínese como un espazo para o desenvolvemento integral de nenos e nenas de entre 7 e 18 anos, baseando a súa acción educativa na pedagoxía do proxecto e da acción. O proxecto, por outra banda, tamén pretende darlle…
Ler máis