Curso de Dirección de Tempo Libre 2021
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 16 e o 31 de xullo un Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse até 135 horas en liña. A matrícula está aberta até o día 1 de xullo. Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 150 horas. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria, cun mínimo de 15 horas presenciais e un máximo…