Curso dirección 2021

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 16 e o 31 de xullo un Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre.

A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse até 135 horas en liña. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o día 1 de xullo.

Local

Horario

A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 150 horas. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria, cun mínimo de 15 horas presenciais e un máximo de 135 horas en liña. As sesións de aulas serán de 10 horas diarias repartidas entre as 9 e 14 horas da mañán e as 15:30 a 20:30 horas da tarde, sendo modulábeis 30 minutos arriba ou abaixo en consenso entre o alumnado e o profesorado. Deixarase o 25 de xullo de descanso.

Quen pode facer o curso?

Será indispensábel para a realización do curso, que a persoa interesada:

  • Estea en posesión do Título de Monitor de Tempo Libre.
  • Teña, polo menos, un título de Ensino Secundario.
  • Acredite unha experiencia de mínimo 250 horas como monitor, ou como integrante dunha equipa de animación en colonias ou campamentos, por un total de 30 días.

Prazas

O curso conta con 25 prazas. Terán praza as primeiras 25 persoas matriculadas. Xerarase unha lista de espera para as persoas que non teñan confirmación da matrícula por parte da ETL Altair Galiza. A ETL Altair Galiza informará ás persoas que pasan á lista de espera e, de ser o caso, poderá abrir un período extraordinario de matrícula. Mínimo 13 matrículas.

Fases

FASE TEÓRICO-PRÁCTICA (150 HORAS): O alumnado terá dereito a facer uso de 30 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 30 horas de non asistencia.

FASE DE PRÁCTICAS (150 HORAS): en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo ou nunha entidade ou asociación de tempo libre. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 31 de xullo de 2021, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos, 31 de xullo de 2023, pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 200€ (95€ para educadoras Altair*) a ingresar na conta de ABANCA ES68 2080 0109 1130 4002 4171 indicando Apelidos, Nome e DNI e como Concepto: Matricula Curso Director/a Santiago 2021. Existe tamén a posibilidade de pagamento fraccionado en 2 pagos: 100/100€.  O último día para abonar o total da matrícula é o 31 de xullo. Unha vez feito o ingreso, sendo o día límite o 1 de xullo, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar asinatura electrónica):  

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Director/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

*Matrícula membros de Altair (apoio á formación de membros de Altair): Altair desenvolve Proxectos Educativos nos Tempos Libres en diferentes lugares. Neste momento, existe un grupo educativo para crianzas de 8 a 18 anos en Santiago de Compostela (Seteportas-Altair), en Burela (Chao de Castro-Altair) e tamén no Cabo Verde (Estrelas-Altair). Mais información contacta con Altair Galiza Para educador@s da Altair ou persoas que desexen facer parte do voluntariado de Altair, existe a opción de facer 40 horas alternativas en fins de semana de setembro de formación específica.  

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.