Curso monitorado 2021

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

ACTUALIZACIÓN: MATRÍCULA ABERTA ATÉ O 12 DE XULLO!

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.

A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse ata 130 horas en liña. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo. Aquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso:

Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza

Local

Horario

A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 200 horas. Un mínimo de 70 horas serán de formación presencial e un máximo 130 horas poderán ser de formación en liña. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria.

As sesións de aulas serán de 10 horas diarias repartidas entre as 9 e 14 horas da mañán e as 15:30 a 20:30 horas da tarde, sendo modulábeis 30 minutos arriba ou abaixo en consenso entre o alumnado e o profesorado. Deixaranse a xornada do 25 de xullo e dúas mañás máis de descanso entre o 9 e o 31 de xullo, que poden ser modificables por consenso do grupo.

Quen pode facer o curso?

  • Todas aquelas persoas maiores de 18 anos en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.

Prazas

O curso conta con 25 prazas. Terán praza as primeiras 25 persoas matriculadas. Xerarase unha lista de espera para as persoas que non teñan confirmación da matrícula por parte da ETL Altair Galiza. A ETL Altair Galiza informará ás persoas que pasan á lista de espera e, de ser o caso, poderá abrir un período extraordinario de matrícula. Mínimo 12 matrículas.

Fases

FASE TEÓRICA (200h): O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.

FASE DE PRÁCTICAS (150h): en campamentos, colonias, albergues, campos de traballo ou nunha entidade ou asociación de tempo libre. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 31 de xullo de 2021, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos, 31 de xullo de 2023, pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 250€ (280€ no caso de formalizar a matrícula a partir de maio de 2021; 95€ para educadoras Altair*) a ingresar na conta de ABANCA ES68 2080 0109 1130 4002 4171 indicando  Apelidos, Nome e DNI e como Concepto: Matricula Curso Monitor/a Santiago 2021. Existe tamén a posibilidade de pagamento fraccionado en 2 pagos: 125/125€   O último día para abonar o total da matrícula é o 31 de xullo, sendo o 12 de xullo a data límite para inscribirse no curso. Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar asinatura electrónica):

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

*Matrícula membros de Altair (apoio á formación de membros de altair). Altair desenvolve Proxectos Educativos nos Tempos Libres en diferentes lugares. Neste momento, existe un grupo educativo para crianzas de 8 a 18 anos en Santiago de Compostela (Seteportas-Altair), en Burela (Chao de Castro-Altair) e tamén no Cabo Verde (Estrelas-Altair). Para máis información contacta con Altair Galiza. Para educador@s da Altair ou persoas que desexen facer parte do voluntariado de Altair, existe a opción de facer 40 horas alternativas en fins de semana de setembro de formación específica.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades
  • Módulo de campismo en Xove os días 9, 10, 11 e 12 de xullo (todos os gastos incluídos)

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.