Curso monitorado Altair 2021-2022

Curso oficial homologado pola xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. O curso terá lugar nas tardes de sábados e domingos de novembro de 2021 a abril de 2022, e del poderán participar todas as persoas que xa fan parte ou que desexen integrarse na asociación Altair Galiza.

A formación impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o sábado 9 de novembroAquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso.

A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.

A fase práctica (150h) desenvolverase nas actividades do agrupamento Seteportas – Altair de Santiago de Compostela.

Local

Quen pode facer o curso?

Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que xa fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza e que estean en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 75€ a ingresar na conta de ABANCA ES68 2080 0109 1130 4002 4171 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2021-2022”. O último día para abonar o total da matrícula é o 9 de novembro. Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.