Faro Brigantium

Faro Brigantium – Altair, con sede na cidade da Coruña, quere nacer no ano 2021 como un novo agrupamento do movemento educativo e sociocultural Altair.

As actividades regulares de Faro Brigantium, propostas para nenos e nenas de 7 a 18 anos, desenvolveranse cada sábado de 10 a 13h no CSC de Eirís. Ademais, os membros deste novo agrupamento poderán participar en varias saídas e campamentos ao longo do ano (nadal, pascua, verán…) xunto cos compañeiros de Seteportas – Altair, de Santiago de Compostela.

Como parte do movemento Altair, a vontade de Faro Brigantium é fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna por parte das crianzas, construíndo un lugar inclusivo de aventura e educación en valores.