SetePortas-Altair

✨ Seteportas-Altair

Altair Galiza ten actividade regular en Santiago de Compostela desde setembro de 2014 a través do grupo educativo Seteportas-Altair, que actualmente conta con arredor de 20 educandos que participan das actividades con regularidade, organizados en cinco grupos con 1 ou 2 educadores cada un.

Seteportas realiza as súas actividades semanais (sábados de 11 a 14h) no seu local na Rúa do Home Santo 29B. O local, que tamén é a sede da asociación e da Escola de Tempos Libres Altair Galiza, está a disposición, de xeito gratuíto, daquelas persoas e entidades que queiran utilizalo para as súas actividades, sempre que estas encaixen dentro da proposta de valores de Altair.

Ademais das actividades semanais, Seteportas-Altair realiza numerosas saídas e descubertas. Unhas catro ao ano (outono, Nadal, Pascua e verán) teñen lugar en formato de campamento, co obxectivo de dar a coñecer novos lugares e de vivir novas experiencias ao tempo que se fomenta a aprendizaxe e o respecto do patrimonio material e inmaterial.



🏕️ Gustaríache ser voluntari@?

 💥 Ti tamén es parte do cambio! Faite voluntari@ en Altair!

Se che mola a idea de crear algo distinto, transformador e feito entre tod@s… este é o teu sitio.

En Altair Galiza buscamos xente con ganas, ideas e ilusión para sumar nun proxecto educativo, comunitario e libre. Aquí podes:

 🚀 Entrar nunha equipa educativa
 🌿 Pór en marcha un novo agrupamento
  🎨 Apoiar con aquilo que se che dea ben (carpintaría, comunicación, música, deseño, redes…)

Cada persoa conta. Cada gran importa.
Isto non vai de ser perfect@, vai de querer facer cousas xuntas