Quen somos

Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair de educación nos tempos libres. Trátase dun proxecto que nace coa vontade de fortalecer os vínculos e o coñecemento da contorna das nosas crianzas, construíndo un lugar inclusivo, de aventura e educación en valores.

De xeito regular, en Altair Galiza traballamos con crianzas de entre 8 e 18 anos a través da educación baseada en proxectos, co obxectivo de constituír un espazo para o desenvolvemento integral das persoas. En Altair defendemos o voluntariado e o asociacionismo como ferramentas de cambio social e de traballo polo ben común. Desde a nosa acción educativa promovemos a liberdade e a igualdade das persoas, o respecto pola diferenza e o libre pensamento, a xustiza social ou a protección do medio.

Actualmente, a nosa asociación conta con dous agrupamentos en activo: Seteportas, en Santiago de Compostela, e Faro Brigantium, na Coruña. Existe ademais un terceiro, Chao de Castro, que está actualmente sen actividade.

Por outra banda, Altair Galiza conta cunha Escola de Educación nos Tempos Libres que realiza cursos de monitorado, dirección e outros recollendo o mellor da tradición educativa e pedagóxica da educación nos tempos libres. A ETL Altair Galiza ofrece formación homologada pola Xunta de Galicia.

Viaxa pola nosa web e coñece a actividade que desenvolvemos!