Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

A entidade ven de mudar os seus contratos de servizos con terceiros, nomeadamente nos campos da banca, as seguranzas e a telefonía, acadando acordos con entidades que promoven valores solidarios, de axuda mutua e xestión democrática de recursos.

Este desexado acordo chega despois de varios anos recoñecendo o ambiente hostil que xeran nestes eidos moitas das grandes compañías do estado, cun tratamento que non responde aos principios de Altair Galiza nin aos seus fins.

Dadas estas circunstancias, as nosas contas bancarias pasan a estar agora xestionadas a través de FIARE, un banco cooperativo de finanzas éticas que desexa ser unha ferramenta ao servizo da transformación social, promovendo unha cultura de intermediación financieira baixo os principios da transparencia, a participación e a democracia.

Por outra banda, os seguros que garanten a atención sanitaria ás persoas que participan da nosa actividade, son administrados por ARÇ Cooperativa, unha correduría de seguros especializada no sector da economía social e solidaria e no mundo asociativo e das enerxías renovables. Asume valores compartidos con Altair Galiza, como a responsabilidade social e a preocupación polos demais e polo seu entorno.

Ademais, destacar que os nosos servizos de telefonía operan a través de Som Connexió, un proxecto colectivo de telecomunicacións co obxectivo de transformar un modelo inxusto e insolidario que está acabando cos recursos do planeta, nun modelo polo ben común.

Por último, dende Altair Galiza queremos aproveitar esta nova para convidar as súas asociadas e ao resto de persoas que poidan compartir os nosos valores a dar o paso e mudar de servizos cara entidades como estas ou outras moitas, que resulten ferramentas útiles ao servizo da comunidade, e non do seu beneficio particular.

Un pensamento en “Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *