Faite voluntari@! 🌟

💥 Ti tamén es parte do cambio! Faite voluntari@ en Altair! 💫

Se che mola a idea de crear algo distinto, transformador e feito entre tod@s… este é o teu sitio.

En Altair Galiza buscamos xente con ganas, ideas e ilusión para sumar nun proxecto educativo, comunitario e libre. Aquí podes:

🚀 Entrar nunha equipa educativa
🌱 Pór en marcha un novo agrupamento
🎨 Apoiar con aquilo que se che dea ben (comunicación, música, deseño, redes…)
🤝 Ou simplemente botar unha man cando faga falla!

Cada persoa conta. Cada gran importa.
Isto non vai de ser perfect@, vai de querer facer cousas xuntas.

👉 Se te chama, cubre o formulario e falamos!