🎓 A Escola de TL

🎓 A Escola

En Altair Galiza temos unha Escola de Educación nos Tempos Libres, chamada ETL Altair Galiza. Na nosa oferta formativa atoparás cursos de monitorado, dirección e outros tipos de formación específica relacionada cos tempos libres.

Todo está homologado pola Xunta de Galicia, así que serve 100% para intervir no tempo libre.

A nosa escola non é calquera cousa: bebe do mellor da tradición educativa galega no mundo do lecer e do asociacionismo xuvenil. Apostamos pola educación en valores, o traballo en grupo, o facer comunidade e a pedagoxía baseada en proxectos, que é o que realmente fai que todo encaixe.

Cotamos cunha equipa formativa de primeiro nivel, con profesionais de diferentes ámbitos, persoas experimentadas na realidade do tempo libre e dos campamentos para a infancia e a xuventude, cun bagaxe contrastado durante o tempo.


📚 Curso 2026

Durante o ano 2026 a escola realizará un Curso de Monitorado 2026. Podes consultar os detalles na páxina do curso ou premendo no cartaz a continuación.

Ademais, realizaremos dúas formacións abertas e totalmente gratuitas nas que poderás aprender a Pedagoxía Altair dende 0.


👥 Queres ser voluntario educativo?

 💥 Ti tamén es parte do cambio! Faite voluntari@ en Altair!

Se che mola a idea de crear algo distinto, transformador e feito entre tod@s… este é o teu sitio.

En Altair Galiza buscamos xente con ganas, ideas e ilusión para sumar nun proxecto educativo, comunitario e libre. Aquí podes:

 🚀 Entrar nunha equipa educativa
 🌿 Pór en marcha un novo agrupamento
  🎨 Apoiar con aquilo que se che dea ben (carpintaría, comunicación, música, deseño, redes…)

Cada persoa conta. Cada gran importa.
Isto non vai de ser perfect@, vai de querer facer cousas xuntas!