A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza (entidade sen ánimo de lucro), imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre.
A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O curso conta tamén cun módulo de campismo presencial, que terá lugar en Xove entre os días 9 e 12 de xullo. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo.
Clica aquí para acceder a máis información e inscribirte no curso!