A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar entre os días 9 e 31 de xullo de 2022 e impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o venres 24 de xuño.
A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental. O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.
A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades ou asociacións de tempo libre —incluídas as actividades do agrupamento Seteportas – Altair de Santiago de Compostela—, campamentos, colonias, albergues, campos de traballo… As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 31 de xullo de 2022, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.
Aquí podes ver a metodoloxía, a programación e os contidos do curso.
Local
Quen pode facer o curso?
Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que xa fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza e que estean en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.
Matrícula
A matrícula total do curso é de 75€ para persoas que xa sexan ou queiran ser educadoras ou constituír agrupamentos de Altair, e de 250€ para o resto (280€ a partir de maio). O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2022-2023”. O último día para abonar o total da matrícula é o 24 de xuño.
Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):
- Xustificante do pagamento
- Copia do título que lle dá acceso ao curso
- Declaración responsábel asinada de cumprir os requisitos. Modelo de declaración responsábel
- Formulario de inscrición
- Autorización de datos
Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.
Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.
O curso tamén inclúe:
- Seguro de responsabilidade civil
- Material e actividades
Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.