Curso monitorado Altair 2023

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de monitorado de actividades de tempo libre. A formación terá lugar en modalidade extensiva entre o 28 de xaneiro e o 23 de abril de 2023 (sábados de 16 a 21h e domingos de 9 a 14h e de 15.30 a 20.30h; excepto do 2 ao 5 de abril que será en réxime de campamento), organizada da seguinte maneira:
– Xaneiro: 28-29.
– Febreiro: 4-5, 11-12, 18-19, 25-26.
– Marzo: 4-5, 11-12, 18-19, 25-26
– Abril: 2-5 (formato campamento), 15-16, 23.

O curso impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B; e en albergues ou espazos rurais.

A fase teórica terá unha duración de 200h. O alumnado terá dereito a facer uso de 40 horas por asuntos propios: consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.; sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito a avaliación no momento en que exceda as 40 horas de non asistencia.

A fase práctica (150h) poderase desenvolver en entidades de voluntariado, incluídas as actividades dos agrupamentos Seteportas – Altair de Santiago de Compostela e Seteportas – Faro Brigantium da Coruña. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 23 de abril de 2023, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

Aquí podes ver a metodoloxía, a programación e os contidos do curso.

Local

Quen pode facer o curso?

Todas aquelas persoas maiores de 18 anos que fagan parte ou se integren na asociación Altair Galiza ou que realicen a fase práctica desta formación en entidades de voluntariado. Ademais, para inscribirse no curso é necesario estar en posesión, polo menos, dalgún dos seguintes títulos: Graduado en Educación Secundaria, Graduado Escolar ou outro equivalente, Técnico Auxiliar en Formación ou outro equivalente.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 75€ para persoas que xa sexan ou queiran ser educadoras ou constituír agrupamentos de Altair, e de 250€ para o resto (290€ a partir do día 15 de xaneiro). O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Monitor/a Santiago 2022-2023”. O último día para abonar o total da matrícula é o luns día 23 de xaneiro.

Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar sinatura electrónica):

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *