Curso dirección Altair 2023

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de dirección de actividades de tempo libre. A formación (fase teórico-práctica) terá lugar entre o 6 de abril e o 13 de xuño de 2023 en modalidade b-learning, con 110 horas virtuais e 40 horas presenciais.

O curso estará dispoñible na plataforma virtual da escola entre días 6 de abril e 13 de xuño, especificándose a temporalización concreta para completar as atividades de cada un dos módulos.

A parte presencial desenvolverase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo 29B (local de Seteportas-Altair), nos días 15, 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2023 en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 15.00 a 20.00 horas.

Local

Quen pode facer o curso?

Será indispensábel para a realización do curso que a persoa interesada:

  • Estea en posesión do Título de Monitor de Tempo Libre.
  • Teña, polo menos, un título de Ensino Secundario.
  • Acredite unha experiencia de mínimo 250 horas como monitor, ou como integrante dunha equipa de animación en colonias ou campamentos, por un total de 30 días.

Fases

Fase teórico-práctica (150 horas). O alumnado terá dereito a facer uso de 30 horas por asuntos propios (consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.) sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito á avaliación no momento en que exceda as 30 horas de non asistencia.

Fase de prácticas (150 horas), que deberán ser realizadas en entidades de voluntariado, estado incluídas como posibilidade as actividades dos agrupamentos Seteportas – Altair de Santiago de Compostela e Seteportas – Faro Brigantium da Coruña. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 13 de xuño de 2023, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos, é dicir, do 13 de xuño de 2025, pérdese o dereito á avaliación e tense que volver cursar a fase teórica para obter a titulación.

Matrícula

A matrícula total do curso é de 60€ para membros de Altair ou persoas interesadas en formar parte e de 395€ para o resto, a ingresar na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Director/a Santiago 2023”. Existe tamén a posibilidade de pagamento fraccionado en dúas partes. O último día para abonar o total da matrícula é o 3 de abril. Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar asinatura electrónica) ao enderezo de correo electrónico etl.altair.galiza@gmail.com:

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Director/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *