Curso de Monitorado de Actividades de Tempos Libres 2027

Formación oficial e homologada pola Xunta de Galicia

Inclúe o Curso de Manipulador de Alimentos

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza unha nova edición do Curso de Monitorado de Actividades de Tempos Libres para o ano 2027.

O curso desenvolverase presencialmente en Santiago de Compostela, entre o 22 de xaneiro e o 25 de abril, durante as fins de semana.

Información básica

  • 📍 Lugar: Santiago de Compostela.
  • 📅 Datas: do 22 de xaneiro ao 25 de abril de 2027.
  • ⏱️ Duración: 200 horas de fase teórico-práctica e 150 horas de prácticas.
  • 🏕️ Modalidade: presencial en fins de semana (sábados de tarde e domingos todo o día).
  • 🍽️Inclúe:
    • fase teórico-práctica e fase de prácticas
    • Campamento de primavera con Seteportas-Altair
    • Curso de Manipulador de Alimentos.
    • Seguro de accidentes e responsabilidade civil na fase teórico-práctica
    • Material didáctico e recursos dos diferentes Módulos.
    • Visitas programadas durante o curso
  • 👥 Prazas: mínimo 7 e máximo 25 persoas.

Datas da fase teórico-práctica

Xaneiro

  • venres 22 (sesión en liña: presentación do Curso de MTL)
  • sábado 23 e domingo 24
  • sábado 30 e domingo 31

Febreiro

  • sábado 13 e domingo 14
  • sábado 20 e domingo 21
  • sábado 27 e domingo 28

Marzo

  • sábado 6 e domingo 7
  • sábado 13 e domingo 14
  • xoves 25, venres 26, sábado 27 e domingo 28 de marzo (Campamento de primavera).

Abril

  • sábado 3 e domingo 4 de abril.
  • sábado 10 e domingo 11 de abril.
  • sánado 17 e domingo 18 de abril.
  • 25 de abril (sesión en liña: presentación da FASE II (fase de prácticas) do curso de MTL)

Horarios

Sesión de presentación

A sesión de presentación celebrarase en liña o venres 22 de xaneiro, de forma síncrona mediante videoconferencia, entre as 18:30 e as 20:00 horas. A ligazón para a conexión facilitarase previamente ao alumnado.

Campamento de primavera

O campamento de primavera terá lugar os días 25, 26, 27 e 28 de marzo. Tratarase dunha experiencia inmersiva de formación, xa que suporá a integración do alumnado nunha actividade real de tempo libre, coa presenza de nenos e nenas no marco da actividade ordinaria do agrupamento Seteportas-Altair. Neste caso, a formación será de carácter eminentemente práctico.

Os contidos desenvolveranse mediante unha metodoloxía transversal e participativa, integrada no conxunto das actividades realizadas en réxime de campamento.

Sesións presenciais

O horario será de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas.

Estas sesións non inclúen transporte nin manutención.

As persoas que precisen apoio para atopar un lugar onde aloxarse entre o sábado e o domingo poderán poñerse en contacto coa organización, que tratará de facilitarlles alternativas.

Formación en liña

Entre o 19 e o 25 de abril, o alumnado realizará unha actividade traballo autónomo, sen horario establecido.

Durante estes días deberá cubrir un cuestionario de valoración do curso e entregar unha tarefa final obrigatoria.

Esta tarefa non terá incidencia relevante na cualificación final, pero a súa entrega será obrigatoria para superar o curso.

A data límite para completar ambas as tarefas será o 25 de abril ás 23:59 horas.

Control da asistencia

A fase teórico-práctica terá unha duración de 200 horas.

O alumnado poderá acumular ata 40 horas de ausencia por asuntos propios (consultas médicas, enfermidade, viaxes, etc.) sen necesidade de presentar xustificación documental.

Superado ese límite, perderase o dereito á avaliación da fase teórico-práctica.

Lugar de realización

O punto de saída e regreso dos convivios e campamentos será:

Rúa Home Santo, 29B
15703 Santiago de Compostela

image.png
https://www.google.com/maps/embed?pb=!1m18!1m12!1m3!1d2923.4366601946754!2d-8.536849385123386!3d42.88473310979901!2m3!1f0!2f0!3f0!3m2!1i1024!2i768!4f13.1!3m3!1m2!1s0xd2efe4e11001bef%3A0xc0ce46fdd8216842!2sSeteportas-Altair!5e0!3m2!1spt-PT!2ses!4v1615928515550!5m2!1spt-PT!2ses

Fase de prácticas

Para obter a titulación será necesario superar unha fase de prácticas de 150 horas, que deberá realizarse unha vez finalizada e superada a fase teórico-práctica.

As prácticas desenvolveranse en entidades de voluntariado do ámbito do tempo libre.

Durante esta fase, o alumnado continuará contando co apoio e asesoramento da ETL Altair Galiza para a procura dunha entidade de prácticas, a elaboración da memoria e calquera outra cuestión relacionada co proceso.

Sesión de presentación doa Fase de Prácticas:

A sesión de presentación das prácticas celebrarase en liña o venres 25 de abril, por videoconferencia, entre as 18:00 e as 20:00 horas. A ligazón para a conexión facilitarase previamente ao alumnado.

Altair Galiza conta cun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que permite ao alumnado do curso recoñecer ata 6 créditos ECTS en calquera grao a través das actividades de voluntariado realizadas na asociación.

Quen pode facer o curso?

Poderán realizar o curso todas aquelas persoas maiores de 18 anos que:

  • formen parte do voluntariado da asociación Altair Galiza ou se incorporen a ela;
  • ou, no caso de non pertencer á asociación, se comprometan a realizar a fase práctica da formación nunha entidade de voluntariado.

Ademais, para formalizar a inscrición será necesario estar en posesión, cando menos, dalgún dos seguintes títulos:

  • Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
  • Graduado Escolar.
  • Técnico/a Auxiliar de Formación Profesional.
  • Outra titulación equivalente.

Matrícula

A matrícula inclúe a fase teórico-práctica e a fase de prácticas, agás a taxa de expedición do título.

Prezos

  • 75 € para as persoas que asinen un compromiso de incorporación como voluntarias da asociación.
  • 245 € para as persoas que formalicen a matrícula antes do 31 de decembro de 2026 ou que se matriculen xunto cun amigo ou amiga, sempre que existan prazas dispoñibles.
  • 295 € para as persoas que formalicen a matrícula a partir do 1 de xaneiro de 2027.

🌟 Queres optar á matrícula subvencionada de 75 €?

Se che interesa facer voluntariado educativo no ámbito dos tempos libres e incorporarte ao equipo de voluntariado de Altair Galiza, convidámoste a cubrir o formulario de selección de voluntariado.

Este formulario permitiranos valorar a túa candidatura. Se resulta favorable e formalizas o teu compromiso como persoa voluntaria, poderás beneficiarte da matrícula subvencionada, aboando unicamente unha cota de matrícula de 75 €, podendo ademais continuar a túa formación en altair.

👉 Formulario de selección de voluntariado

https://forms.gle/C44uNVJm9BmTkb7M6

Se xa abonaches o importe completo da matrícula, non te preocupes. Se finalmente accedes á matrícula subvencionada, devolverémosche a diferenza entre o importe aboado e os 75 € unha vez cumprido o teu compromiso de voluntariado.  

Facilidades de pagamento

O importe da matrícula poderá aboarse en dous ou tres prazos.

O alumnado poderá elixir a cantidade que desexe aboar en cada un deles.

A data límite para efectuar o pagamento do último prazo será o 15 de xaneiro de 2027.

Desistimento da matrícula

O prazo para exercer o dereito de desistimento será de 14 días naturais contados desde a formalización e confirmación da matrícula.

Para estes efectos, considerarase como data de formalización a de recepción do correo electrónico «Confirmación provisional da matrícula».

Se desexas exercer este dereito, poderás descargar o formulario correspondente.


Queres matricularte no curso?

Solicita admisión seguindo estes pasos:

1. Realiza o pagamento da matrícula

Efectúa o ingreso ou transferencia á conta de Altair Galiza – Fiare Banca Ética:

IBAN: ES53 1550 0001 2000 1388 3129

Apelidos, nome, DNI e “Matrícula Curso de Monitor/a 2027”.

Indica correctamente o concepto

Exemplo: 

Pérez López, María – 12345678A – Matrícula Curso de Monitor/a 2026

2. Garda o xustificante

Unha vez realizado o pagamento, conserva o xustificante da operación (PDF, fotografía ou captura), xa que deberás achegalo durante o proceso de solicitude.

3. Completa o formulario de solicitude de admisión

Accede á seguinte ligazón e cobre o formulario, achegando o xustificante do pagamento cando se che solicite:

https://forms.gle/VzpT6sAW2gpuz5ia7

Documentación relevante

Máis información

📧 info@altair.gal

📞 633 336 256

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *