
Curso de Monitorado nos Tempos Libres Altair 2026 (con aloxamento e manutención)
Formación oficial e homologada pola Xunta de Galicia A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza unha nova edición do Curso de Monitorado de Actividades de Tempos Libres para o ano 2026. O curso desenvolverase en Santiago de Compostela entre os meses de setembro e decembro, en modalidade intensiva. Ademais, incluirá o aloxamento e a manutención das persoas participantes, agás en duas sesións en novembro. A modalidade intensiva do curso, xunto co aloxamento e a manutención incluídos nos convivios e campamentos, facilita a participación de persoas de toda Galiza e doutros territorios, sen que sexa necesario residir en Santiago de Compostela. Información básica Lugar: Santiago de Compostela (con aloxamento e manutención incluídos nos convivios e campamentos, polo que poderás realizar o curso independentemente do lugar onde residas). Datas: de setembro a…









