[ACTUALIZACIÓN] A matrícula para o curso de monitorado, aberta até o 12 de xullo

[ACTUALIZACIÓN] A matrícula para o curso de monitorado, aberta até o 12 de xullo

Blog, Cursos
A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza (entidade sen ánimo de lucro), imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. O curso conta tamén cun módulo de campismo presencial, que terá lugar en Xove entre os días 9 e 12 de xullo. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo.  Clica aquí para acceder a máis información e inscribirte no curso!
Ler máis
Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

Altair Galiza renova o seu compromiso coa mirada posta na economía social

Blog, Novas
A entidade ven de mudar os seus contratos de servizos con terceiros, nomeadamente nos campos da banca, as seguranzas e a telefonía, acadando acordos con entidades que promoven valores solidarios, de axuda mutua e xestión democrática de recursos. Este desexado acordo chega despois de varios anos recoñecendo o ambiente hostil que xeran nestes eidos moitas das grandes compañías do estado, cun tratamento que non responde aos principios de Altair Galiza nin aos seus fins. Dadas estas circunstancias, as nosas contas bancarias pasan a estar agora xestionadas a través de FIARE, un banco cooperativo de finanzas éticas que desexa ser unha ferramenta ao servizo da transformación social, promovendo unha cultura de intermediación financieira baixo os principios da transparencia, a participación e a democracia. Por outra banda, os seguros que garanten a…
Ler máis
Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 16 e o 31 de xullo un Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse até 135 horas en liña. A matrícula está aberta até o día 1 de xullo. Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 150 horas. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria, cun mínimo de 15 horas presenciais e un máximo…
Ler máis
Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia ACTUALIZACIÓN: MATRÍCULA ABERTA ATÉ O 12 DE XULLO! A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse ata 130 horas en liña. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo. Aquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso: Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 200 horas. Un…
Ler máis
Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Blog
Desde o grupo educativo nos tempos libres Seteportas-Altair aspiramos a albergar todos os grupos de idade da proposta educativa Altair, de 8 a 18 anos, no curso 2020/21. Para iso, precisamos reformular os espazos do noso local de Santiago de Compostela, na Rúa do Home Santo, 29B. Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que se animen a colaborar. Calquera contribución económica, humana ou material será de utilidade para o reacondicionamento do local do noso proxecto educativo. Clicade aquí para acceder ao crowdfunding co que podedes axudar á comunidade Altair a financiar este necesaria reforma! https://www.youtube.com/watch?v=OAB0SD6_g4I&feature=emb_logo
Ler máis