Contacto

Contacto

Se queres falar con nós, propoñer algo ou simplemente dicir ola, enche o formulario e mándanolo!

Estaremos encantadas de saber de ti 😄


👥 Queres ser voluntaria?

 💥 Ti tamén es parte do cambio! Faite voluntari@ en Altair!

Se che mola a idea de crear algo distinto, transformador e feito entre tod@s… este é o teu sitio.

En Altair Galiza buscamos xente con ganas, ideas e ilusión para sumar nun proxecto educativo, comunitario e libre. Aquí podes:

 🚀 Entrar nunha equipa educativa
 🌿 Pór en marcha un novo agrupamento
  🎨 Apoiar con aquilo que se che dea ben (carpintaría, comunicación, música, deseño, redes…)

Cada persoa conta. Cada gran importa.
Isto non vai de ser perfect@, vai de querer facer cousas xuntas!


💥 Queres anotarte nas nosas actividades?

Se es unha persoa moza e queres formar parte dos nosos agrupamentos ou participar nalgunha actividade; ou se queres máis información para as túas crianzas de entre 7 e 18 anos, podes:

  • Pasarte pola nosa sede en Santiago de Compostela (Rúa Home Santo, nº29)
  • Mandar un correo a info@altairgaliza.
  • Chamar ao 633 336 256.