Quen somos?

📚 NOVIDADE: Acción Altair: proxecto de tempo libre (8-20 anos)

A nosa asociación matriz, Altair Fundacional, ven de publicar recentemente o libro Acción Altair: proxecto de tempo libre (8-20 anos), no que se condensan os diferentes documentos que marcan a visión, misión e obxectivos da nosa asociación, así como elementos pedagóxicos e reflexións que facilitan a posta en marcha de novos agrupamentos educativos.

Está dispoñible en catro versións diferentes incluíndo: portugués, español, galego e inglés. Para acceder ao libro preme na seguinte imaxe!

📚 Quen somos?

Altair Galiza é unha asociación sen ánimo de lucro que forma parte do movemento internacional Altair, un proxecto educativo e voluntariado no tempo libre feito por ducias de persoas comprometidas e con moita ilusión. Nacemos co obxectivo de achegar as crianzas á súa contorna, creando espazos seguros, inclusivos, cheos de aventura e valores comunitarios.

💥 Que facemos?
En Altair traballamos con nen@s e adolescentes de entre 8 e 18 anos usando metodoloxías activas baseadas en proxectos e no aprender facendo. O que queremos é claro: ofrecer un lugar onde crecer, aprender e vivir experiencias que axuden a formar persoas libres e comprometidas.

✨ Apostamos polo voluntariado e o asociacionismo como ferramentas de cambio social. Defendemos a liberdade, a igualdade, o respecto á diversidade, o pensamento crítico, a xustiza social e o coidado do medio. Todo isto está recollido na nosa Carta Constitucional.

📄 Se queres saber máis a fondo como nos organizamos, podes botarlle un ollo aos nosos estatutos e ao regulamento interno.


📚 Métodos Pedagóxicos

Temos os nosos propios métodos educativos, adaptados por idades, que foron aprobados en Asemblea Extraordinaria o 19 de decembro de 2021. Están en fase experimental durante 3 anos, á espera da súa aprobación definitiva polo Consello Internacional do MEI Altair:


📍 Onde estamos?

Fachada do local de Seteportas-Altair na Rúa Home Santo nº29 e sede da Escola de Tempos Libres Altair Galiza

Estes últimos dous grupos, Chao de Castro e Faro Brigantium, actualmente non contacto con actividade regular.

Queres iniciar un agrupamento Altair nalgún outro lugar da Galiza? Contáctanos!


🧭 Escola de Tempo Libre

Altair Galiza tamén ten unha Escola de Educación nos Tempos Libres, onde podes facer cursos de monitorado, dirección e moito máis. A nosa formación está homologada pola Xunta de Galicia e recolle o mellor da tradición pedagóxica no tempo libre.

🖥️ Explora a nosa web e descobre todo o que facemos. Únete á aventura Altair!


📸 Galería