Curso dirección Altair 2023

Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza un novo curso de dirección de actividades de tempo libre. A formación terá lugar en modalidade extensiva entre o 25 de febreiro e o 21 de maio de 2023, en sábados ou domingos, organizada da seguinte maneira:
– Febreiro: sábado 25 (10h), domingo 26 (10h).
– Marzo: sábado 4 (10h), domingo 5 (10h), domingo 12 (10h), domingo 19 (5h)
– Abril: sábado 15 (5h, de tarde), domingo 16 (10h), sábado 22 (5h, de tarde), sábado 29 (10h), domingo 30 (10h).
– Maio: mañá do luns 1 (5h), sábado 6 (5h, de tarde), domingo 7 (10h), sábado 13 (5h, de tarde), sábado 20 (5h, de tarde), domingo 21 (10h).

O curso impartirase de forma presencial en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo 29B, e eventualmente noutros espazos.

Local

Horario

Será indispensábel para a realización do curso que a persoa interesada:

  • Estea en posesión do Título de Monitor de Tempo Libre.
  • Teña, polo menos, un título de Ensino Secundario.
  • Acredite unha experiencia de mínimo 250 horas como monitor, ou como integrante dunha equipa de animación en colonias ou campamentos, por un total de 30 días.

Fases

Fase teórico-práctica (150 horas). O alumnado terá dereito a facer uso de 30 horas por asuntos propios (consultas médicas, viaxes, enfermidade, etc.) sen necesidade de xustificación documental.  O alumnado perderá o dereito á avaliación no momento en que exceda as 30 horas de non asistencia.

Fase de prácticas (150 horas), que deberán ser realizadas en entidades de voluntariado, estado incluídas como posibilidade as actividades dos agrupamentos Seteportas – Altair de Santiago de Compostela e Seteportas – Faro Brigantium da Coruña. As prácticas desenvolveranse antes de 2 anos a contar a partir do 21 de maio de 2023, día de finalización da fase teórica. A partir dos dous anos, é dicir, do 21 de maio de 2025, pérdese o dereito á avaliación e tense que volver a cursar a fase teórica para obter a titulación.

Matrícula

A matrícula total do curso é de até o 60€ para membros de Altair ou persoas que queiran formar parte e de 150€ para o resto (200€ a partir do día 17 de febreiro), a ingresar na conta O diñeiro debe ser ingresado na conta de Altair en Fiare Banca Ética ES53 1550 0001 2000 1388 3129 indicando indicando Apelidos, Nome e DNI e como concepto “Matricula Curso Director/a Santiago 2023”. Existe tamén a posibilidade de pagamento fraccionado en dúas partes. O último día para abonar o total da matrícula é o 24 de febreiro. Unha vez feito o ingreso, terá que facernos chegar a seguinte documentación cumprimentada e asinada (pódese usar asinatura electrónica) ao enderezo de correo electrónico etl.altair.galiza@gmail.com:  

Unha vez enviada a documentación, recibirá un correo de resposta confirmando a súa matrícula no Curso de Director/a de Tempo Libre da ETL Altair Galiza. Toda a documentación orixinal asinada debe ser entregada o primeiro día de curso, na presentación.

Desistimento de matrícula: o prazo para exercer o dereito de desistimento de matrícula dos cursos da ETL Altair Galiza conclúe aos 14 días naturais desde a formalización e confirmación da matrícula.

O curso tamén inclúe:

  • Seguro de responsabilidade civil
  • Material e actividades

Para máis información e/ou matrícula contáctanos a través do seguinte formulario ou no teléfono 633336256.