Chao de Castro – Altair é o nome que tomou o agrupamento pioneiro da Altair Galiza, fundado na vila mariñá de Burela no ano 2011. Chao de Castro funcionou de forma ininterrumpida até o cese indefinido da actividade no ano 2018, unha decisión tomada pola equipa educativa debido á imposibilidade de continuar realizando o seu labor e á falta de relevo naquela altura.
Á espera da reactivación da súa actividade regular, o grande legado de Chao de Castro continúa a ser guía para os agrupamentos que actualmente dan vida á nosa asociación.