Curso de Monitorado nos tempos libres Altair 2026

Formación oficial e homologada pola Xunta de Galicia

A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación educativa de voluntariado Altair, lanza unha nova edición do Curso de Monitorado de Actividades de Tempos Libres para o ano 2026.

O curso desenvolverase en Santiago de Compostela entre os meses de setembro e decembro, en modalidade intensiva. Ademais, incluirá o aloxamento e a manutención das persoas participantes, agás en duas sesións en novembro. 

A modalidade intensiva do curso, xunto co aloxamento e a manutención incluídos nos convivios e campamentos, facilita a participación de persoas de toda Galiza e doutros territorios, sen que sexa necesario residir en Santiago de Compostela.  

Información básica

  • 📍 Lugar: Santiago de Compostela (con aloxamento e manutención incluídos nos convivios e campamentos, polo que poderás realizar o curso independentemente do lugar onde residas).  
  • 📅 Datas: de setembro a decembro de 2026.
  • ⏱️ Duración: 200 horas de fase teórico-práctica e 150 horas de prácticas.
  • 🏕️ Modalidade: intensiva.
  • 🍽️ Inclúe: aloxamento, manutención e transporte nos convivios e campamentos.
  • 👥 Prazas: realizarase con mínimo 7 e máximo 25 persoas.

Datas da fase teórico-práctica

Setembro

  • 2 de setembro: sesión de presentación en liña.
  • 5 e 6 de setembro: convivio.
  • 12 e 13 de setembro: convivio.
  • 19 e 20 de setembro: convivio.

Outubro

  • 10, 11 e 12 de outubro: convivio.
  • 16, 17 e 18 de outubro: campamento.

Novembro

Sesións presenciais na Rúa Home Santo, 29B (Santiago de Compostela):

  • 7 e 8 de novembro.
  • 28 e 29 de novembro.

Decembro

  • 5 e 6 de decembro: convivio.
  • 26, 27, 28 e 29 de decembro: campamento.
  • 29, 30 e 31 de decembro: formación en liña, sen horario fixo.

Horarios

Sesión de presentación

A sesión de presentación celebrarase en liña o 2 de setembro, de forma síncrona mediante videoconferencia, entre as 18:00 e as 20:00 horas. A ligazón para a conexión facilitarase previamente ao alumnado.

Convivios

A saída das persoas participantes realizarase o primeiro día ás 14:00 horas, agás no convivio de outubro, no que será o 10 de outubro ás 19:00 horas.

O regreso terá lugar o último día arredor das 10:00 horas, garantindo o cumprimento da carga horaria establecida.

Campamentos

No campamento de outubro, a saída realizarase antes das 19:00 horas. No campamento de decembro, a saída será antes das 14:00 horas.

O regreso terá lugar o último día pola tarde.

Sesións presenciais de novembro

O horario será de 9:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 20:30 horas.

Estas sesións non inclúen transporte nin manutención.

As persoas que precisen apoio para atopar un lugar onde aloxarse entre o sábado e o domingo poderán poñerse en contacto coa organización, que tratará de facilitarlles alternativas.

Formación en liña

Entre o 29 e o 31 de decembro, o alumnado realizará traballo autónomo, sen horario establecido.

Durante estes días deberá cubrir un cuestionario de valoración do curso e entregar unha tarefa final obrigatoria.

Esta tarefa non terá incidencia relevante na cualificación final, pero a súa entrega será obrigatoria para superar o curso.

A data límite para completar ambas as tarefas será o 31 de decembro ás 23:59 horas.

Control da asistencia

A fase teórico-práctica terá unha duración de 200 horas.

O alumnado poderá acumular ata 40 horas de ausencia por asuntos propios (consultas médicas, enfermidade, viaxes, etc.) sen necesidade de presentar xustificación documental.

Superado ese límite, perderase o dereito á avaliación da fase teórico-práctica.

Lugar de realización

O punto de saída e regreso dos convivios e campamentos será:

Rúa Home Santo, 29B
15703 Santiago de Compostela

image.png

Fase de prácticas

Para obter a titulación será necesario superar unha fase de prácticas de 150 horas, que deberá realizarse unha vez finalizada e superada a fase teórico-práctica.

As prácticas desenvolveranse en entidades de voluntariado do ámbito do tempo libre.

Durante esta fase, o alumnado continuará contando co apoio e asesoramento da ETL Altair Galiza para a procura dunha entidade de prácticas, a elaboración da memoria e calquera outra cuestión relacionada co proceso.

Altair Galiza conta cun convenio de colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, que permite ao alumnado do curso recoñecer ata 6 créditos ECTS en calquera grao a través das actividades de voluntariado realizadas na asociación.

Convivios e campamentos

Os convivios e campamentos realizaranse en albergues ou espazos rurais de acampada.

A matrícula inclúe:

  • desprazamentos desde Santiago de Compostela;
  • aloxamento;
  • manutención.

O alumnado poderá desprazarse polos seus propios medios se así o desexa. Neste caso, asumirá os gastos de transporte correspondentes.

Do mesmo xeito, o uso dos servizos de aloxamento e manutención será voluntario.

Quen pode facer o curso?

Poderán realizar o curso todas aquelas persoas maiores de 18 anos que:

  • formen parte do voluntariado da asociación Altair Galiza ou se incorporen a ela;
  • ou, no caso de non pertencer á asociación, se comprometan a realizar a fase práctica da formación nunha entidade de voluntariado.

Ademais, para formalizar a inscrición será necesario estar en posesión, cando menos, dalgún dos seguintes títulos:

  • Graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
  • Graduado Escolar.
  • Técnico/a Auxiliar de Formación Profesional.
  • Outra titulación equivalente.

Matrícula

A matrícula inclúe a fase teórico-práctica e a fase de prácticas, agás a taxa de expedición do título.

Prezos

  • 75 € para as persoas que asinen un compromiso de incorporación como voluntarias da asociación.
  • 295 € para as persoas que formalicen a matrícula antes do 31 de xullo de 2026 ou que se matriculen xunto cun amigo ou amiga, sempre que existan prazas dispoñibles.
  • 345 € para as persoas que formalicen a matrícula a partir do 1 de agosto de 2026.

🌟 Queres optar á matrícula subvencionada de 75 €?

Se che interesa facer voluntariado educativo no ámbito dos tempos libres e incorporarte ao equipo de voluntariado de Altair Galiza, convidámoste a cubrir o formulario de selección de voluntariado.

Este formulario permitiranos valorar a túa candidatura. Se resulta favorable e formalizas o teu compromiso como persoa voluntaria, poderás beneficiarte da matrícula subvencionada, aboando unicamente unha cota de matrícula de 75 €, podendo ademais continuar a túa formación en altair.

👉 Formulario de selección de voluntariado

https://forms.gle/TQ8s1mEaDUUNRp8Q6

Se xa abonaches o importe completo da matrícula, non te preocupes. Se finalmente accedes á matrícula subvencionada, devolverémosche a diferenza entre o importe aboado e os 75 € unha vez cumprido o teu compromiso de voluntariado.  

Facilidades de pagamento

O importe da matrícula poderá aboarse en dous ou tres prazos.

O alumnado poderá elixir a cantidade que desexe aboar en cada un deles.

A data límite para efectuar o pagamento do último prazo será o 30 de agosto de 2026.

Desistimento da matrícula

O prazo para exercer o dereito de desistimento será de 14 días naturais contados desde a formalización e confirmación da matrícula.

Para estes efectos, considerarase como data de formalización a de recepción do correo electrónico «Confirmación provisional da matrícula».

Se desexas exercer este dereito, poderás descargar o formulario correspondente.

Queres matricularte no curso?

Solicita admisión seguindo estes pasos:

1. Realiza o pagamento da matrícula

Efectúa o ingreso ou transferencia á conta de Altair Galiza – Fiare Banca Ética:

IBAN: ES53 1550 0001 2000 1388 3129

2. Indica correctamente o concepto

No concepto da transferencia ou ingreso escribe:

Apelidos, nome, DNI e “Matrícula Curso de Monitor/a 2026”.

Exemplo:

Pérez López, María – 12345678A – Matrícula Curso de Monitorado 2026

3. Garda o xustificante

Unha vez realizado o pagamento, conserva o xustificante da operación (PDF, fotografía ou captura), xa que deberás achegalo durante o proceso de solicitude.

4. Completa o formulario de solicitude de admisión

Accede á seguinte ligazón e cobre o formulario, achegando o xustificante do pagamento cando se che solicite:

👉 https://forms.gle/VzpT6sAW2gpuz5ia7

Unha vez enviado o formulario de solicitude, recibirás un correo electrónico confirmando a súa recepción por parte da escola.

Documentación

En canto nos envíes o formulario de solicitude faremosche chegar vía correo electrónico a seguinte documentación que deberás reenviarnos asinada:

  • Solicitude de admisión.
  • Declaración responsable de cumprimento dos requisitos.
  • Autorización para o tratamento de datos.

Pediremos que nos envíes a documentación adicional:

  • Copia do título que dá acceso ao curso.
  • DNI ou NIE

Confirmación provisional e definitiva da matrícula

confirmación provisional da matrícula emitirase unicamente cando o alumnado opte polo pagamento fraccionado. Esta confirmación garante a reserva da praza ata a data límite establecida para o aboamento da última fracción da matrícula.

confirmación definitiva da matrícula, nos casos de pagamento fraccionado, emitirase unha vez que a escola reciba o xustificante do último pagamento, acreditando que a matrícula foi aboada na súa totalidade.

Se o alumnado realiza o pagamento íntegro da matrícula no momento de presentar a solicitude de admisión, unha vez aporte asinada a documentación anteriormente indicada recibirá directamente a Confirmación Definitiva da Matrícula.

O curso inclúe

  • A fase teórico-práctica (200 horas).
  • A fase de prácticas (150 horas).
  • Convivios e campamentos con aloxamento, manutención e transporte desde Santiago de Compostela.
  • Seguro de accidentes e responsabilidade civil durante a fase teórico-práctica.
  • Material didáctico.
  • Recursos para o desenvolvemento dos diferentes módulos.
  • Participación nas visitas programadas durante o curso.

Documentación relevante

Máis información

📧 info@altair.gal

📞 633 336 256