Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Curso de Dirección de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia A Escola de Educación nos Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 16 e o 31 de xullo un Curso de Director/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse até 135 horas en liña. A matrícula está aberta até o día 1 de xullo. Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 150 horas. O número de horas impartidas en liña dependerá das circunstancias existentes no momento da docencia tendo en conta a actual situación de crise sanitaria, cun mínimo de 15 horas presenciais e un máximo…
Ler máis
Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Curso de Monitor/a de Tempo Libre 2021

Blog, Cursos
Curso oficial homologado pola Xunta de Galicia ACTUALIZACIÓN: MATRÍCULA ABERTA ATÉ O 12 DE XULLO! A Escola de Tempos Libres Altair Galiza, pertencente á asociación Altair Galiza, entidade sen ánimo de lucro, imparte entre o 9 e o 31 de xullo de 2021 un Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre. A formación impartirase en Santiago de Compostela, na Rúa Home Santo, 29B. A modalidade será presencial, mais, se as circunstancias sanitarias non o permitiren, poderán leccionarse ata 130 horas en liña. O prazo de matrícula permanecerá aberto até o 12 de xullo. Aquí podes ver a metodoloxía, programación e os contidos do curso: Programa do Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre da ETL Altair Galiza Local Horario A fase teórico-práctica ten que cubrir un total de 200 horas. Un…
Ler máis
Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Axuda para a reforma do local – Cor ás Seteportas

Blog
Desde o grupo educativo nos tempos libres Seteportas-Altair aspiramos a albergar todos os grupos de idade da proposta educativa Altair, de 8 a 18 anos, no curso 2020/21. Para iso, precisamos reformular os espazos do noso local de Santiago de Compostela, na Rúa do Home Santo, 29B. Facemos un chamamento a todas aquelas persoas que se animen a colaborar. Calquera contribución económica, humana ou material será de utilidade para o reacondicionamento do local do noso proxecto educativo. Clicade aquí para acceder ao crowdfunding co que podedes axudar á comunidade Altair a financiar este necesaria reforma! https://www.youtube.com/watch?v=OAB0SD6_g4I&feature=emb_logo
Ler máis